Ir ao contido

Do primeiro contacto á inserción

Traxecta é a aplicación para entidades que xestionan programas integrados de emprego e axencias de colocación: cada participante, cada cita, cada día de formación e cada contrato, listos para xustificar.

RexistroWeb de ofertas e CVConsulta inicialIntereses e colectivosIPIItinerario asinadoFormaciónAsistencia e diplomasPrácticasEmpresas e anexosContratoInserción e XML SEPE
  1. RexistroWeb de ofertas e CV
  2. Consulta inicialIntereses e colectivos
  3. IPIItinerario asinado
  4. FormaciónAsistencia e diplomas
  5. PrácticasEmpresas e anexos
  6. ContratoInserción e XML SEPE

Pensada para equipos de orientación de Galicia que levan un PIE (TR332A) ou unha axencia de colocación, e que hoxe o fan entre follas de cálculo, cartafoles e o móbil da oficina.

Cada participante, nunha soa ficha

Ao abrir unha persoa ves en que punto está do seu itinerario e que lle falta para contar como atendida.

  • Itinerario (IPI), consulta inicial e ficha de alta cubertos
  • Mapa de asistencia de todo o programa e axuda por días
  • Documentos con aviso dos que faltan ou caducan
  • «Ponte ao día»: resumo da persoa antes de cada cita
Cada participante, nunha soa ficha

Os obxectivos do programa, ao día

As cifras que pide a orde calcúlanse soas mentres traballas, non ao final da convocatoria.

  • Atendidas, inseridas, horas de formación e prácticas fronte ao comprometido
  • Pagamentos mensuais a participantes e exportación a Excel
  • Modelos oficiais da Xunta: ficha de alta, ficha de control, anexos e diploma
  • Envío mensual da axencia de colocación no XML do SEPE
Os obxectivos do programa, ao día

O WhatsApp da entidade, para todo o equipo

As persoas participantes escriben ao número da entidade e responde quen estea libre, desde o panel.

  • Bandexa compartida con aviso das mensaxes sen responder
  • Avisos e recordatorios de cita con confirmación
  • Asistente automático: citas, xustificantes e diplomas
  • Conexión oficial coa API de WhatsApp de Meta
O WhatsApp da entidade, para todo o equipo

Atopar a persoa axeitada

Para unha oferta ou para un programa novo: o buscador revisa toda a base de datos e ordena por coincidencia.

  • Filtros por área, carnés, colectivos, idade, desemprego e interese en programas
  • A IA prepara a busca a partir do que escribes
  • Proposta razoada de candidaturas, sempre revisada por unha persoa
  • Ofertas redactadas a partir das notas da empresa
Atopar a persoa axeitada

E ademais

En galego e en castelán
Cada persoa escolle o seu idioma; documentos e envíos, no de quen os recibe.
Web de ofertas coa vosa marca
Logo, cores e textos legais da entidade.
Datos separados por entidade
Cada entidade ten a súa propia instalación e a súa base de datos.
Manual con capturas
Cada pantalla explicada paso a paso.
Web de ofertas no móbil

Como comezamos

  1. Ensinámosvos a demoUnha videochamada de media hora cos vosos casos reais.
  2. Instalamos a vosa TraxectaNo seu propio enderezo, coa vosa marca, e pasamos os datos que xa tedes.
  3. Formamos o equipoUnha sesión práctica e o manual para o día a día.

Pide unha demo

Cóntanos que programas levades e chamámoste para ensinarche Traxecta con exemplos do voso día a día.

Sen compromiso. Respondemos nun día laborable.

Prefires probala xa? Entra en demo.traxecta.com co usuario demo e o contrasinal demo. Os datos son ficticios e restabelécense cada noite.